Isabel Perez

Isabel Pérez:

Isabel Pérez (Xixón), reposteira, bloguera, instagramer e agora escritora, é a alma mater de Aliter Dulcia, un obradoiro de repostería creativa preto da praia de San Lorenzo en Xixón no que a eficiencia e a creatividade únense para ofrecer ao padal máis esixente unha multiplicidade de biscoitos, tortas, madalenas, galletas e pasteis nas formas máis inusitadas e nas combinacións máis sorprendentes.

Licenciada na Facultade de Xeografía e Historia, desde a apertura en 2012 de Aliter Dulcia foron moitos os medios que se interesaron polo seu proxecto: tanto televisións como medios locais e nacionais, pasando a Revista Elle ou Cosmopolitan. Así mesmo, é o blogue destacado de gastronomía da publicación de maior tirada da rexión, El Comercio. Desde 2014 imparte cursos online a nivel internacional e en escolas de cociña por toda España. Trala publicación do seu primeiro libro “Aliter Dulcia, Pasteis con historia”, Isabel está a preparar xa unha segunda entrega e acaba de abrir un novo establecemento en Madrid.

Se continuas a usar este sitio aceptas o uso de cookies. máis información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar